You're viewing this item in the new Europeana website. View this item in the original Europeana.

O mosteiro de Santa María do Sar afora ao bacheler Xoán Méndez e a súa muller Isabel Rodríguez, filla de Alfonso Rodríguez, mercader, polas súas vidas e tres voces máis, unha casa na rúa Nova e unha adega na rúa do Preguntoiro, que tiña xa aforadas a Alfonso Rodríguez, e máis unha serie de heredades na agra de Vilanova, ao lado da fonte de "a par" de Santiago, e outra heredade ao lado do outeiro de Santa Susana, que Xoán Méndez recuperara para o mosteiro pleiteando pola súa conta, por unha renda anual de cento sesenta morabedís vellos de dez cornados o morabedí.

Leva anotacións ao verso: Onomástica antiga: - Iohan Meendez - Ysabel Rodrigues - Afonso Rodrigues Notario: - "Fernando de Lema, notario publico jurado e escusador del senor don Alonso de Fonseca".