You're viewing this item in the new Europeana website. View this item in the original Europeana.

Dominga González, filla de Gonzalo de Veriins, veciño que foi da feligresía de Santa María de Figueira, presente seu marido Martiño Eanes, vende a Xoán de San Lourenzo, xastre, e a súa muller María Afonso todos os heredamentos, casas, etc., que ten polo seu pai en Breenlla, Couso e Aguiar, na feligresía de San Miguel de Couso, por trinta e catro morabedís.

Leva anotacións ao verso: Onomástica antiga: - Dominga Gonçalvez - Martin Eanes - Gonçalvo de Veriins - Johan de San Lourenço - Maria Afonso Toponimia Antiga: - Santa Maria de Figeyra - Veriins - Vrenlla - Couso - Agiar - San Miguel de Couso Notario: - "Martin Martinez, notario publico da çidade de Santiago".