You're viewing this item in the new Europeana website. View this item in the original Europeana.

Pedro Eanes, tendeiro, veciño de Santiago, toma posesión de mans de Nuño Pérez, clérigo e mordomo de San Miguel Sarandón, dunha serie de bens sitos en Casansula, "Viñaes", Silva, Trasfontao Sarandón, Caxaraville e Silvaescura, nas feligresías de San Miguel de Sarandón e San Fins de Sales, en virtude do mandato contido nunha carta de contumacia dada por Vasco Pérez, xuiz da audiencia do arcebispo don Sueiro, contra Pedro Roxiño e Urraca Aras. Ante Pedro Eanes, notario de Tabeirós e Ribadulla.

Leva anotacións ao verso: Onomástica antiga: - Pero Eanes - Vasco Peres - Nuno Peres - Pero Rroxino - Orraqua Aras - Sueiro. Toponimia antiga: - Casdansula - Vinaes - Silva - Trasfontao - Sarandom - Cascherville - Silvaescura Notario: - "Pero Eanes, [notario jurado de Tabeirós e Ribadulla].".